Maraya Zydeco

Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que traballan o xénero do Zydeco, Cajun, etc... Segue a provocar gran espectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está lóxicamente moi vinculado ao tradicional.
A asturiana María Álvarez, afincada en Galicia dende hai máis dunha década, adaptou a súa técnica virtuosa de acordeón clásico a un bo blues, rock'n roll ou calquera son zydeco ou cajun. O traballo coa pilastra esencial desta banda, o compositor, cantante e guitarrista de Pensilvania Lee Wolfe (máis de dúas decenas de gravacións e mestres no escenario da talla de Sidney J. Wingfield, Ernie Hawkings ou Philadelphia Jerry Ricks) permite a concreción dun estilo que se viña xestando en anteriores gravacións, como en Woody Guthrie Revisited (2009 Quadrant).