La osa estelar, de Panta Rhei (EUS)
Espectáculo producido por Panta Rhei

A nova osezna Irdin está soa e abandonada no camiño da vida. Foxe da melancolía explorando o seu carácter e valor en busca de “un lugar no mundo”, unha familia e un fogar onde vivir feliz. Só a férrea determinación de Irdin a osezna de ir cara a vida, o amor, cara si mesma, lle mostrará o carreiro cara ao corazón da montaña onde habitan todos os seus soños.
Panta Rhei
Panta Rhei é unha compañía de creación e investigación escénica fundada en 1987 por Idoia Ayestaran e Emilio de Pinedo. A súa identidade artística é a investigación do obxecto, o monicreque e a súa relación co actor/actriz. Tamén traballa desde 2016 a relación escena-públicos na natureza e innovando a escena rural co programa de dinamización Bideart. Ademais da dirección e produción da Festa das Artes no medio Rural Festikale.