De Vilatriste a Vilalegre
- Espectáculo teatral coproducido polo Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo
 
Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG.
Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.
A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura:
	salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?
TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
	DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
	ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
	ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
	VESTIARIO: Carmen Pichel
	MÚSICA: Brais das Hortas
