08/07/2024 - 09:30h
| Instalacións deportivas Ponte Noalla
| San Cibrao das Viñas
Enredadas
Espectáculo de Teatro a cargo de Leti da taberna

Cultura no Camiño
Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.