O auto do Castromil
Coprodución do Centro Dramático Galego e Excéntricas

Autoría: Manuel María
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galicia.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galicia inconsciente.