14/11/2026 - 18:00h
| Fórum Metropolitano
| A Coruña
Inverno na lavandería
Espectáculo infantil a cargo de K´Paparota Teatro
Rede galega de teatros e auditorios
A historia transcorre na lavandería dunha cidade e trata de evocar, de maneira poética, o inverno e as sensacións invernais. Todo pode pasar nunha lavandería, incluso botar unha prenda a lavar e que non apareza, incluso tecer historias que versen sobre a soidade das persoas maiores.
A través do xogo, e inspirada na capacidade imaxinativa da infancia, propóñense escenas abertas á interpretación do público, algunhas abstractas, outras máis concretas. Convida ás crianzas a participar de maneira activa establecéndose un diálogo espontáneo desde o inicio da peza, improvisado e único en cada actuación. A peza combina técnicas mixtas de clown, títeres de man e manipulación de obxectos.