Un novo despertar
Concerto a cargo de Cuarta Xusta

"Un Novo Espertar" é o primeiro traballo de estudio da banda CUARTA XUSTA, banda afincada entre A Golada (Pontevedra) e Melide (A Coruña). Este carácter de raianos dentro da propia Galiza nótase na sua música cunha proposta que raia o rock co ska e co folk. O primeiro que hai que ter en conta para avaliar a Cuarta Xusta é a presenza do galego en todas as suas composicións; ó tempo hai que suliñar tamén o seu nivel de compromiso co feminismo, a ecoloxía, a educación e a defensa das libertades, como é o caso de temas como o que lle da título ó disco, "Un novo Espertar", "Incendios", "Lección de Historia", "Rebelión", etc, etc. Destacar tamén a xuventude dos seus membros e a sua maioritaria composición femenina, son catro mulleres e un home e ningún chega ós 25 anos. Comentar que neste primeiro traballo, fixo de "capo canioneri" PACO CERDEIRA aos mandos, membro de Zënzar, A Gramola Gominola e Pakolas entre outros proxectos; e no que colaboraron grandes da música galega coma Bocixa e o propio Paco de Zénzar, Vituco e Miguel Duarte de Ruxe Ruxe, Jasper de Nao, Javi Maneiro de Heredeiros da Crus, etc, etc.
Pero o millor que podedes facer é escoitalos en directo.