Compartir
05/06/2025 - 11:00h | Igrexa da Universidade | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Os contos do Lobicán

  • Redrum Teatro

Galicia Escena PRO: Os contos do Lobicán
Galicia Escena PRO

Premio ao mellor espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares e gañador do XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2022, Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos, ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

 

Autoría: Eva Mejuto

Dirección: Álex Sampayo

Elenco: Victoria Pérez, Guillermo Carbajo

Escenografía: As Dúas e Punto

Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Música: Davide González

Ilustración: Nuria Díaz

 

INFANTIL

MONICREQUES

40 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información