Belém Tajes Trío en concerto
Concerto a cargo de Belém Tajes
Belém Tajes, Buenos Aires, 1985) Cantante, compositora e especialista en Musicoterapia.
Vén de formar parte como voz principal na xira XXX Aniversario de Luar na Lubre, e gravar con eles e outros artistas, o disco-dvd Ribeira Sacra.Ademáis de formar parte doutras bandas como Aliboria, Moura, Pesdelán, Sisters in the House, entre outras.
Agora lanza "Pájaro negro", o single de presentación desta nova etapa como solista. Trátase da primeira canción en castelán da artista e chegará en outubro de 2020, como adianto do seu próximo disco “ Costa da Morte”.
Nos directos desta nova viaxe sonora, poderemos escoitar cancións honestas, inspiradas no folclore tradicional das dúas beiras do Atlántico: Galicia e Arxentina. Melodías de corte pop, con aires folk e percusións cálidas con algún xiro electrónico. Belém Tajes profundiza así en sons moi distintos e en letras que falan dun universo introspectivo e delicado.