Aberta a inscrición no Fórum Luso Galego de Creatividade e Coprodución 2026
A Portugal Film Commission e a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia colaboran na organización da edición de 2026 do Fórum Luso Galego – Creatividade e Coprodución, que acollerá o Festival Novos Cinemas de Pontevedra.
A iniciativa ten como obxectivo impulsar a cooperación entre as produtoras de Galicia e Portugal, reforzar as relacións profesionais existentes e favorecer a incorporación de novos talentos ao tecido creativo e empresarial de ambos os territorios.
A convocatoria diríxese a entidades produtoras con proxectos audiovisuais e cinematográficos de todos os xéneros e formatos, co fin de propiciar un encontro diverso e aberto a novas oportunidades de colaboración.
O programa incluirá reunións individuais entre as entidades participantes, concertadas previamente pola organización, así como unha presentación do panorama actual das coproducións entre Galicia e Portugal. A xornada completarase con espazos de encontro informal para facilitar o intercambio de experiencias e o establecemento de contactos profesionais.
O Fórum tera lugar na cidade de Pontevedra o día 10 de decembro no marco do Festival Novos Cinemas.
Ampliamos o prazo de inscrición ata o 11 de novembro de 2026!.
As entidades interesadas poden formalizar a súa participación a través do seguinte formulario: https://forms.gle/tadSJSrv3QzSeAQc7